Marzo 2021
Marzo 2021
Ultranoite no Forum February 2013.
Boas Novas! A sala do forum Metropolitano convértese esta noite nun entretido e particular Cabaré. Unha entrada duns cantos euros a cambio de actualidade en verso, e mais escena chea de humor e música, a mans da compañía Chevere.
Cun alento inminente a Galicia, os actores e actrices provocan as personaxes transcendentais dos débiles liderados políticos e sociais, rexionais, nacionais e incluso os internacionais.
O espectáculo ofrece unha dramaturxia que esperta unha etimoloxía de entender os asuntos de actualidade. Estas novas somérxenos nunha experiencia satírica cara ó ¨Matter¨, como se dixéramos, ó presente, ó compás de temas musicais populares. Todos os actores semellan conversar co mesmo Roberto, si si, Vidal Bolaño,(Santiago de Compostela 1950,2002) escritor e actor de teatro ao que se dedica o día das letras Galegas 2013.
Esta persoa é o punto bala, o suxeito mais aló, ó que explican as cousas, nunha posición de sentimento de ausencia. Os varios números de cabaré que estruturan a obra, posúen un movemento, vestiarios e coreografía propios dunha época no que tódolos símbolos e palabras se mesturan dunha forma estéticamente entretida.
Varias e boas interpretacións de actores galegos, ben recibidos no forum Metropolitano da Coruña o pasado 19 de abril.
¿Cómo son os movementos, os vestiarios e as coreografías da escena?
Tres posicións e tres focos iluminan intermitentemente deixando ver os actores, e escoitar a críticos sobre os casos de corrupción política, isto, acompañado dunha imaxe proxectada que o mesmo ofrece unha representación simbiótica co discurso ou tamén mesmo esa nova lírica do tema popular a provocar en cuestión.
Un dueto de moneco e ventrílocuo, nun diálogo de sons e xestos indescifrable, cómico xentil e relucente.
Achéganse ao fronte unhas mozas esperpénticas galopando nunha escoba, cunhas plumas de pavo real postas na testa como sombreiro, e espada en man de mosqueteira. Estas que tamén en verso, contan as anécdotas das personaxes sociais e políticas de Santiago de Compostela. ¿Por qué será esta cidade epicentro de tódolos asuntos, ¿polo caminiño?
Tres personaxes, moi divertidas, lévannos a unha viaxe pola experiencia en Roma na presentación do novo Papa o pasado Marzo 2013, mesmo inspiradas no mais natural do carácter de tres mulleres galegas, nun diálogo que entrelaza tres vestidos longos con zapatos de tacón e moños no cabelo, tres xestos corporais e rítmica propia que acompaña as andanzas delas na viaxe. Mostran as peculiaridades da igrexa e a súa influencia na mentalidade cara ás formas de experimentar o mundo, o sexo, a amizade.
Ah si! e como e para tódolos públicos, tamén as vellas xeracións emociónanse o ver a mesma Sara Montiel, para entoar as cancións dende o karaoque da pantalla.
A banda acompaña durante toda a obra, incluso ao inicio e ó peche, cun ritmo moi apreciado instrumental e ritmicamente pola audiencia.
Ultranoite by Olalla pHervada is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivs 3.0 Unported License.